De cine, con Dental Macía

[:es]

Como clínica dental de referencia, dentistas de confianza na área de Santiago de Compostela, Ames e comarca, sempre facemos o posible por participar na vida social e cultural do noso entorno. Estamos encantados de colaborar, un ano más, na celebración do Cinema Crianza 2018 que chega á súa segunda edición. O Festival Internacional de Cinema Infantil, que este ano ven cargado de aventuras, experiencias, sons, fantasía e moitos sorrisos.

Dende o xoves 15 de novembro, ata o domingo 18, volta ás casas da cultura do Milladoiro e Bertamiráns un proxecto que aposta polo cinema como ferramenta de aprendizaxe na aventura de viaxar cara á madurez. Estamos felices de participar ao carón de grandes empresas e institucións como o Concello de Ames, a Deputación da Coruña, a productora Urdime ou Gadis.

Cinema Crianza 

Festival internacional de cine infantil e familiar que se celebra en Ames, o concello con maior porcentaxe de poboación infantil de Galicia, naceu co afán de promover o gusto polo cinema entre os máis cativos, así como axudar a formar un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual.

A intención dos seus promotores é que un festival de cine coma este sirva de elemento transmisor da diversidade axudando a fomentar a curiosidade das nosas nenas e nenos. Entendendo que hoxe en día resulta imprescindible, no proceso de alfabetización audiovisual das nosas cativas e cativos, poder acceder a obras o máis diversas posibles para que o seu grao de coñecemento desta arte non quede reducido ós produtos de consumo nunha idade tan sensible como é a infancia.

[:]

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando, está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR
Aviso de cookies